ANTES DE COMEZAR… Os criterios de elaboración son sobre todo persoais e, aínda que ordenei un pouco os xogos segundo os meus gustos, a orde non ten maior importancia, sobre todo nos postos baixos da clasificación. Outros criterios que tomei para elaborar esta clasificación son:
-Que hoxe en día se poidan xogar, aínda que sexa minimamente. -Que estean en castelán ou en inglés, ou que o idioma non importe. Inclúense traducións feitas por fans. -Descartei xogos populares de taboleiro ou de cartas, aínda que pode haber excepcións. -Descartei os xogos que non saíron cunha versión propia para Game Boy, é dicir, os que saíron para Game Boy Color pero cuxo cartucho era compatible con esta máquina cunha versión recortada. -Non hai títulos en cor vermella para indicar se hai protagonista feminina controlable, xa que non parece haber interese niso e era unha tarefa que me levaba moito tempo. -Non se indica o número de xogadores simultáneos porque, ao ser unha portátil sen conexión sen fíos, é unha función pouco aproveitable hoxe en día.
...