Esta é a publicación dun documento privado onde anotaba os xogos multiplataforma da sexta xeración de consolas que son mellores ou diferentes nun sistema determinado. É unha lista non exhaustiva e non ten máis finalidade que achegar algo de información a quen queira xogar a algo e non saiba por que versión optar.
A lista segue estes criterios:
- Non se terán en conta os xogos con pequenas diferenzas gráficas ou de contido que non impidan gozar da mesma experiencia en calquera máquina.
- Só se teñen en conta os lanzamentos oficiais tal e como saíron para seren xogados. Non se teñen en conta traducións, parches nin outras modificacións.
- Non valoro que mando é mellor para xogar, agás que a adaptación dos controis sexa un desastre flagrante.
- Dáselles prioridade aos idiomas, á resolución, ao rendemento e ao soporte de sinal progresivo fronte a outros parámetros.
- Un título poderá aparecer repetido en varios sistemas á vez: iso significa que esas versións son mellores ca as doutros sistemas, pero parecidas entre si.
- Un empate non significa a mesma calidade gráfica: pode significar que unha versión ten puntos fortes nuns apartados nos que a outra non os ten, e viceversa, polo que cómpre que cada persoa valore por si mesma.
- Agás nos exclusivos ou cando indique o contrario, refírome aos lanzamentos PAL, que polo xeral funcionan a 480i, excepto os de Dreamcast, que admiten 480p. Como regra xeral, as versións NTSC non teñen castelán pero admiten 480p, excepto en PS2, onde a norma é 480i.
- A lista céntrase nas mellores versións multiplataforma aparecidas na sexta xeración, o que inclúe xogos lanzados tamén na quinta e na sétima xeración. Intentarei centrarme na mellor versión entre iguais e indicarei se houbese unha versión mellor en sistemas máis potentes.
- Non dou descricións nin explicacións: empecei a facer esta lista para min mesmo, de forma privada. Só a fago pública por se lle serve a alguén máis.
- Acepto correccións, suxestións de novos títulos ou calquera achega, sempre que se xustifique de forma razoada e non sexa unha simple opinión persoal baseada nos recordos. Acepto fontes como análises técnicas en webs ou vídeos.
Dreamcast
- 18 Wheeler: American Pro Trucker
- 102 Dalmatians Puppies To The Rescate
- Alone in the Dark The New Nightmare (480p-Sen castelán)
- Aqua GT
- Army Men: Sarge’s Heroes
- Capcom vs. SNK Millennium Fight 2000 Pro
- Capcom VS SNK 2 (NTSC-J)
- Crazy Taxi 2
- Dead or Alive 2
- Dino Crisis
- Disney/Pixar Buzz Lightyear of Star Command
- Ecco the Dolphin
- ESPN International Track & Field (versión mellorada da quinta xeración)
- F355 Challenge (480p a 4:3 ou 480i a 16:9. Só cámara en 1ª persoa. Gatillos analóxicos)
- Hydro Thunder
- Ikaruga
- JoJo´s Bizarre Adventure
- Legacy of Kain
- Le Mans 24
- Resident Evil 2 (480p e máis extras)
- Resident Evil Code Veronica NTSC-U (única versión con 480p-sen castelán-sen extras)
- REZ (480p-30fps)
- Shenmue II
- Skies of Arcadia
- Space Channel 5: Part 2 (versión HD en 360 e PS3)
- Star Wars: Episode I Racer
- TriggerHeart EXELICA
- Vanishing Point
- Virtua Tennis 2
PlayStation 2
- Alone in the Dark The New Nightmare (480i-castelán)
- Dead or Alive 2
- Dragon Ball Budokai (480i-60fps)
- Ecco the Dolphin
- ESPN International Track & Field (versión diferente)
- F355 Challenge (Peor resolución. Engade cámara en 3ª persoa)
- King of Fighters ’98 Ultimate Match, The (mellor versión ca a de 360 e PS3)
- Metal Gear Solid 2 (ten versión HD para 360 e PS3)
- Resident Evil Code Veronica X PAL (contido extra-castelán)
- Resident Evil 4 (16:9, peor rendemento e gráficos. Contido extra)
- REZ (480i-60fps. Sen castelán)
- Silent Hill 2 Director’s Cut
- Soul Calibur 2
GameCube
- Capcom VS SNK 2 (PAL-60hz)
- Mortal Kombat Deception
- NBA Street V3
- Phantasy Star Online Episode I & II Plus
- Prince of Persia: Sands of Time
- Resident Evil 2 (480i-castelán)
- Resident Evil Code Veronica X PAL (contido extra-castelán)
- Resident Evil 4 (4:3 e sen contido extra)
- Skies of Arcadia
- Soul Calibur 2
Xbox
- Black
- Dead or Alive 2 Ultimate (Xogo diferente do orixinal)
- GTA III
- GTA Vice City
- GTA San Andreas
- Simpsons: Hit & Run
- Simpsons: Road Rage
- Soul Calibur 2
- Soul Calibur 2 NTSC-U (720p)
- Tom Clancy’s Splinter Cell
- Tom Clancy’s Splinter Cell: Pandora Tomorrow
- Tom Clancy’s Splinter Cell: Chaos Theory
- Tom Clancy’s Splinter Cell: Double Agent