Top 88 WiiU
ANTES DE COMEZAR… Os criterios de elaboración son sobre todo persoais e, aínda que procurei ordenar un pouco os xogos segundo os meus gustos, a orde non ten maior importancia, sobre todo a medida que se baixa na clasificación. Outros criterios que tomei para elaborar esta clasificación son: -Descartei xogos populares de mesa ou educativos, aínda que pode haber excepcións. -Ao ser un sistema recente, resulta complicado atopar o catálogo completo. No occidental coido que xoguei todo o que saíu en formato físico, pero do xaponés só atopei unha pequena listaxe de exclusivos que descartei polo idioma. -As imaxes enlazan con análises doutras webs para quen busque máis información. -Os títulos en cor vermella teñen polo menos unha protagonista feminina controlable. -O número de xogadores refírese a partidas simultáneas; non se teñen en conta as partidas por quendas. ...