Top 156 Nintendo 64
ANTES DE COMEZAR… Os criterios de elaboración son sobre todo persoais e, aínda que procurei ordenar un pouco os xogos segundo os meus gustos, a orde non ten maior importancia. Outros criterios que seguín: -Que hoxe en día se poidan xogar, aínda que sexa minimamente. -Descartei xogos populares de mesa, aínda que pode haber excepcións. -Algúns títulos están en cor vermella: significa que o xogo ten polo menos unha protagonista feminina controlable. -O número de xogadores refírese a partidas simultáneas; non se teñen en conta as partidas por quendas. ...