Top 56 3DO
ANTES DE COMEZAR… A 3DO é unha máquina curiosa e cara de conseguir, xeralmente esquecida ou lembrada de forma negativa. Por iso decidín probar o seu catálogo e ver ata que punto era certo o que se di, pero, como sempre cos sistemas que venderon pouco, é complicado localizar de forma fiable o catálogo completo. Por esta razón, o top está elaborado probando todos os xogos que atopei, pero pode que me perdese algún. ...